Cando vemos vídeos nas redes sociais, moitas veces, sabemos que nos gustan pero non saberiamos dicir exactamente por que. En OCO Xeración de Contido, pensamos que un deses porqués ten que ver coas transicións de vídeo. Os cortes entre planos, se están ben feitos e cadran co resto de elementos, dan unha continuidade imprescindible para que un vídeo teña un resultado profesional. Por iso, ímosche falar das 7 transicións de vídeo máis utilizadas para un resultado profesional nos vídeos.

7 transicións de vídeo máis utilizadas

Corte duro

O corte duro consiste en, simplemente, cambiar de plano, sen ningún efecto. Pódese utilizar cando alguén está facendo unha acción para cambiar a perspectiva desde a que se ve (cutting on action), ou metendo un plano recurso cando alguén fala e describe algo. Son simples e efectivos.

Disolución cruzada

Unha das máis utilizadas. Nela, prodúcese un cambio de plano suave, que destaca por un descenso progresivo da opacidade dun plano e un ascenso da opacidade do plano seguinte. Moi utilizada en vídeos cunha cadencia lenta, para facer transicións paulatinas que acompañen unha narrativa lenta.

Fundido de entrada ou saída

Outras transicións moi coñecidas son os fundidos de entrada e saída –tamén coñecidos como fade-in e fade-out–. Un dos seus usos máis universais é ao inicio do vídeo e ao final, para introducir ou concluír a escena de xeito progresivo, normalmente desde –ou cara– a cor negra.

Barridos

Son transicións que axudan a moverse entre escenas de xeito dinámico. Consiste nun movemento lateral, cara arriba ou cara abaixo (ou en diagonal) de forma moi rápida para rematar coa seguinte imaxe dentro do plano. Son moi utilizados para aportar dinamismo á escena. Hai que utilizalos con coidado, pois poden recargar excesivamente a peza audiovisual e facer que a espectadora perda a atención.

Zoom

Efecto Glitch

Unha transición máis complexa. É moi visual e moderna e aporta un toque extra de profesionalidade en determinados contextos. O glitch é, de forma sinxela, un efecto de vídeo que simula un fallo técnico ou mecánico no hardware. En vídeos con contexto distópico ou posmoderno acompañan á narrativa de xeito fantástico. De feito, adoitan ir acompañados de efectos de son eléctrico moi sutís pero efectivos.

Distorsión RGB

Outra transición cun toque moderno pero que dá ese plus de profesionalidade de xeito sutil. Consiste, como o seu nome indica, en producir unha distorsión nas colores dos planos para favorecer o cambio entre os mesmos. É moi utilizada en vídeos onde existe moito ritmo e acción, favorecendo eses efectos de aberración cromática a través da separación das canles de cor RGB.

Crea vídeos profesionais con transicións de vídeo

Ademais destas sete, existen moitas outras transicións de vídeo que se poden adaptar perfectamente á idea que tes na mente para cada creación. Existen moitos sitios web que ofrecen plugins gratuítos para aplicar estes efectos nos programas de edición de vídeo máis utilizados. Non obstante, é importante saber que as 7 transicións de vídeo máis utilizadas teñen que aplicarse con coidado e ideal combinalas con efectos de son para xerar a atmósfera adecuada. Sempre sen recargar en exceso! En OCO Xeración de Contido ofrecemos un servizo de creación de vídeo adaptado ás necesidades da clientela e cercano.

Falamos?

Cóntanos outras transicións que coñezas e che gusten! E, se che interesa contratar un servizo de vídeo profesional, non dubides en chamarnos ao 623297799 ou escribirnos a info@oco.gal coa túa consulta. Estaremos encantadas de coñecer as túas ideas!


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *