Agora facemos sesións de fotos na Costa da Morte
Vale, isto xa o leches antes. Pero dígocho outra vez:
Agora facemos sesións de fotos na Costa da Morte.
Si, en sitios tan fotoxénicos como os que che mencionamos en detalle aquí.
Pero, quen somos e por que che contamos isto?
Agora nos presento:
Ola, ola!
O meu nome é Nuria e xunto co meu socio Sergio temos este pequeno negocio cuxo blog estás lendo.
OCO Xeración de Contido naceu para poñer ao servizo de terceiras os nosos coñecementos sobre comunicación, adaptado especialmente á presenza en internet.
Naceu para cubrir eses ocos que houbese no mundo e nos que nós puidésemos ser de utilidades.
Iso levounos a entrar de cheo en moitas especialidades, facendo malabares para mantelas todas. Redactamos contido, facemos vídeos con dron, axudamos coa comunicación a pequenos negocios…
Iso levounos tamén a saber que é o que si que queremos facer e a identificar o que xa non.
Definitivamente, o que si se queda é o vídeo e a fotografía.
Son os piares do que queremos crear. E as sesións de fotos na Costa da Morte, un paso lóxico no noso camiño
Ese foi o motivo que me levou a pasar os últimos meses nas Canarias.
Alí viaxei para facer unha formación cunha empresa especializada en fotografía turística.
E alí me quedei traballando un par de meses, disparando centos de fotos cada día e ganando máis confianza coa cámara.
E agora? Agora volvín a Galicia con moitas ganas de seguir disparando e facendo eternas as conexións importantes e os momentos especiais da xente.
Falo de familias, parellas, amizades… pero tamén falo de animais. Falo incluso da conexión cunha mesma e buscar un punto de empoderamento a través da fotografía!
As fotos teñen moitas capas e ningunha delas é simple.
E a min gústame buscar en todas elas!
Por iso, se ti tamén estás interesada, escríbeme un correo a info@oco.gal para que poidamos inmortalizar o que sexa que queiras gardar para sempre neste momento 💙
0 comentarios