Que son as creadoras de contido?
A día de hoxe escoitamos o concepto creadoras de contido en todas partes, especialmente como profesión de influencers e youtubers que non se acaban de sentir cómodas con estas dúas palabras.
E por que acontece isto? Pois porque consideran que a súa actividade laboral abarca moito máis e é principalmente creativa. Hoxe ímosche contar máis sobre esta profesión.
Que é unha creadora de contido?
O concepto é bastante auto-explicativo: unha persoa que crea contido. Partindo desta base, case calquera persoa podería selo. E en certo modo quizais sexa verdade.
As creadoras de contido buscan conceptualizar e dar forma a un contido determinado para contar unha historia ou mostrar algo. Despois desenvólveno.
A maneira de desenvolvelo é principalmente a través da xeración de información escrita e audiovisual (ou calquera destas dúas por separado). É dicir, a creadora de contido redactará posts para blogs ou redes sociais, principalmente. E tamén fará fotos e vídeos.

A constante é a produción de material e, normalmente, o soporte será a rede. Porén, tamén se poderán utilizar estes servizos de maneira offline como para a publicidade tradicional ou eventos nos que a túa marca vaia aparecer.
O traballo das creadoras de contido é, entón, principalmente a ideación e a xeración de contido que conecte a unha marca cos seus potenciais clientes.
Que pode facer por ti as creadoras de contido?
As creadoras de contido contan co seu propio material e teñen experiencia producindo. Así que, unha creadora poderá crear contido para o cal ti non tes ferramentas, poñendo ao teu servizo a súa sabedoría tanto a nivel técnico como creativo.
Ao mesmo tempo, aforrarache unha cantidade de tempo que poderás investir en facer o que mellor sabes do teu negocio.
Confiando en creadoras de contido poderás entón ter fotos e vídeos profesionais do teu negocio, así como tamén contido escrito para poder promocionalo. Sen ir máis lonxe, este artigo mesmo é un exemplo.

Cal é o obxectivo da creación de contido?
O obxectivo desta creación de contido pode ser o que ti precises. Un dos máis típicos é mellorar a presenza na rede, con fotografías e vídeos adaptados aos requerimentos de cada plataforma. Tamén pode buscarse directamente a venta dun produto, cun texto contundente que leve ao potencial cliente a converterse definitivamente nun.
Cal sería o teu obxectivo para contactar cunha creadora de contido?
Se queres comentárnolo e que intentemos conseguilo xuntas, aquí estamos para ti!
Escríbenos a info@oco.gal ou chámanos directamente ao 623297799.
1 comentario
A WordPress Commenter · 19/10/2022 ás 11:44 a.m.
Hi, this is a comment.
To get started with moderating, editing, and deleting comments, please visit the Comments screen in the dashboard.
Commenter avatars come from Gravatar.