Damos por sentado que necesitas boas fotos do teu negocio. Pero, por que?

Pensaches algunha vez en todos os cartos que gastan as grandes marcas en fotos boas e bonitas do seu produto e en publicidade? Iso só ten unha explicación: todos eses cartos tradúcense en máis cartos.

Por que ter fotos boas do teu negocio?

Pensa en cando ti mesma buscas algo en internet para mercar ou un sitio ao que ir. Cal é máis probable que elixas: un sen fotos ou con elas de mala calidade ou aquel que ten fotos ben feitas e iluminadas? Xa che digo eu que o segundo. Ti e todo o mundo. Por iso necesitas que o teu negocio sexa a segunda opción, para que todas as persoas que o busquen queiran ir.

Dá igual de que sexa o teu negocio nin exactamente o teu público obxectivo: unhas boas fotografías van axudarche. Xa sexa simplemente para telas publicadas en Google, utilizalas nas túas redes sociais, facer un anuncio ou poder mostralas cando fales do teu proxecto. Ter boas fotos vai ser algo positivo. 100%.

fotos boas negocio
Nunca sabemos que tanto valora todo o mundo as boas fotos, ata que lle ensinas fotos malas. Non queres que o teu negocio ensine esas malas fotos.

Que tipo de fotos boas do teu negocio necesitas?

Aquí si que se comeza a relativizar o asunto e isto dependerá moito do teu tipo de negocio e da mensaxe que ti mesma queiras dar do mesmo. Poderemos revisar isto en detalle contigo, pero deixámosche por aquí algunhas ideas:

Fotos do local ou zona de traballo

Se tes un lugar físico que a xente pode visitar é primordial que sexa atractivo e os teus potenciais clientes o saiban. Cal é a mellor maneira de que o saiban? Pois que xa viran o bonito que é o sitio. Seguramente ti tamén tiveches ganas de ir a un establecemento concreto porque viras fotos e crías que sería unha experiencia guai. Pois fai que iso sexa interesante facendo unhas fotos bonitas das instalacións.

servizos-copywriting

Incluso se traballas de maneira remota ou o fas desde un taller ao que a xente non vai, pode ser interesante mostralo de todos modos.

Fotos do equipo

Cantas veces non volveches a unha tenda polo agradable que era quen che atendía?

O equipo humano que hai detrás dos negocios é importante e podes facelo protagonista facendo unhas fotos de calidade túas e das túas traballadoras tamén.

As clientas sentirán o teu negocio máis preto vendo as caras que hai detrás do traballo e do nome da empresa. Tamén se fará máis cercano se deixas ver ás túas clientas o traballo que hai detrás ou incluso diante. Anímate a facer fotos (ou incluso vídeos) traballando!

servizos-fotografia
© OCO Xeración de contido

Foto do produto que vendes

Isto é moi importante se o que vendes son produtos físicos.

Que mellor maneira de conseguir que alguén queira mercar algo bonito se xa lle ensinaches o bonito que é nunha foto e lle dis que o vendes ti? 

Esa estratexia de marketing é vella, pero sigue funcionando. Quizais agora non miramos tanto os catálogos en papel, pero miramos máis a pantalliña do móbil.

O ideal? Que cando o teu cliente potencial o busque, a foto do teu produto apareza.

Que necesitas? Boas fotos do produto! 

Tanto do estilo do catálogo, como tamén no mundo real.

servizos-video
Na pantalla podes ver planos aéreos que ofrecemos | © OCO Xeración de contido

Pero non será tirar cos cartos?

Eu xa sei que moitas veces non queremos entender que para facturar máis, hai que gastar. Por iso, invertir en fotos boas para o teu negocio nunca será tirar cos cartos.

Pero está máis que demostrado que é así. E unha boa fotografía vai atraer a máis clientes e tamén che vai axudar a fidelizar os que xa tes. Ademais, tamén che fará coidar moito os detalles do teu negocio. 

E é que estamos falando dunha inversión necesaria, ademais de case poética para ti. Sabes esas fotos que ten a xente do negocio de fai anos e actualmente? Por exemplo: a foto de cando seus avós abriron nos seus anos mozos o bar familiar e como iso foi cambiando ao longo dos anos. Dificilmente o poderás facer se non dedicas os recursos a conseguir a foto agora.

boas fotos negocio
Boa foto dunha caixa rexistradora antiga

O bo da inversión nunhas boas fotos é que despois as poderás utilizar para todo: páxina web, redes sociais, campañas de publicidade, recordos, imprimilas para colgar na parede… Tantas opcións como se che ocorran! 

Chámanos ao 623297799 ou escríbenos a info@oco.gal para pedir un presuposto para esas fotos que necesitas!


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *