No que ves, está o que somos?

Ao 100%. Cada detalle que atopes ao longo desta páxina serán pinceladas do que nós somos, reflectidas a través deste proxecto. Nada é aleatorio e cada cousiña ten a súa historia atrás. Queres coñecela?

Por que somos o que ves

Neste proxecto poñemos parte da nosa esencia, das nosas paixóns, da nosa experiencia e, en gran medida, dos nosos medos tamén. 

Comecemos polo máis básico: por que as cores que estás vendo son as que son? Repetimos: ningún detalle é aleatorio.

Imagotipo representando un obturador
Logotipo representando as ondas do mar

Todo vén dunha explicación moi profunda. Especialmente, do máis profundo que coñecemos. Do mar. 

O azul é unha cor moi usada e que lle gusta a (case?) todo o mundo. Un dos motivos que ás veces nos apartou de escollela. Pero ao mesmo tempo, a cor do ceo e do mar. É lóxico que guste a todas. A quen non lle gusta o azul? A quen non lle gusta o mar? A nós si. E nunha vida que nos levou a sentirnos bichos raros en moitos aspectos da nosa vida, queremos abordar este proxecto como unha reconexión co que é normal. Co que todas vivimos. Co que a todas nos gusta tamén. Por iso é azul a nosa cor corporativa. 

Tamén porque a auga en todas as súas formas nos evoca todo o que isto é. Adaptativa e ao mesmo tempo libre para facer o que queira. Mar, chuvia, xeo. A auga no vaso, esbarando pola ventá, nas ondas do mar. Así como cercana. Quen de por aquí non sinte a auga como parte do seu ser? Como algo vital? 

E o azul é oscuro, porque en realidade así somos nós tamén. Non tería sentido poñer unha cor luminosa cando son cores que é moi raro que nós teñamos preto de nós. Non nos inspiran como os tonos escuros o fan.

A elección da cor branca non ten tanto percorrido. Queriamos darlle protagonismo á nosa cor elixida e quitar o ruído. Deixar sitio para a calma e a creación. Deixar o oco para que o resto teña espazo e razón de ser. 

OCO é, polo tanto, un recipiente para conseguir todo o demais. Un lienzo en branco no que poderemos pintar o que nos veña á mente. É mar, é forza, é creatividade. Pero, sobre todo, é un espazo no que as túas ideas combinadas coas nosas se xuntan para crear.

FALAMOS?

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.