Sesión de fotos Costa da Morte

Pensaches algunha vez en facer unha sesión de fotos na Costa da Morte?

Xa sexa para un evento súper especial, como simplemente querendo recordar o momento vital no que te atopas agora en conexión coa xente que máis queres, poñemos a nosa lente ao teu servizo.

sesións de fotos na Costa da Morte

Como funciona unha sesión de fotos na Costa da Morte?

O primeiro que hai que ter en conta é todo o que ten que funcionar antes dunha sesión de fotos. 

Despois todo o que se vive dentro do tempo que a sesión dura.

E a post-produción. A gran esquecida ás veces, pero que é traballo das profesionais coma nós poñer en valor.

Así que imos ir paso por paso.

Que hai que saber antes de facer unha sesión de fotos na Costa da Morte?

Antes de nada tes que poñerte en contacto coas fotógrafas para contar o que necesitas ou esperas da sesión.

Para iso, xa antes de poñerte en contacto, aconsellamos que fagas unha pequena investigación. Así poderás ver o estilo de fotografía que teñen esas profesionais e valorar se encaixa co que ti estás buscando.

Se, a priori, parece que encaixa pero non estás segura de se se adaptará ao 100%, o seguinte paso é claro: ponte en contacto con esas fotógrafas. Expón as túas dúbidas para ver se é posible.

Non teñas medo en preguntar moito. O máis importante é que esteas cómoda e que as sorpresas non veñan ao final.

Será ideal ter claro que estades na mesma páxina desde o primeiro contacto.

No caso de que encaixe o que buscas co que esas persoas ofrecen, perfecto!

O seguinte paso será decidir o orzamento exacto a abonar tendo en conta o resto de detalles a decidir: localizacións, duración da sesión, cantas fotos se entregarán…

Unha vez se teña todo claro polas dúas partes e unha hora e lugar decididas, é hora de disparar.

sesion de fotos costa da morte

Durante a sesión de fotos

Cada fotógrafa é un mundo e poderá ter a súa maneira de facer o seu traballo. Nós somos dúas e traballamos de xeito diferente.

Porén, aquí deixaremos a nosa visión subxectiva, pero coa que estamos convencidas de que moitas compañeiras coincidirán.

O máis importante nunha sesión de fotos é que a persoa que está diante da cámara (ti, neste caso) estea cómoda. As fotógrafas somos moi conscientes de que normalmente non estás diante destes trebellos e que as cámaras profesionais poden impoñer bastante.

Ese é o mesmo motivo polo que temos diferentes ferramentas para facerche sentir ben e gran parte do noso traballo non é só a técnica á hora de facer boas fotos, se non que tamén todo o compoñente humano que ten un traballo destas características.

Unha vez estás cómoda, desfrutar a sesión é a seguinte prioridade.

O bo de facer unha sesión de fotos profesionais non é exclusivamente ter un recordo en formato visual.

Unha boa sesión é a que che dá unha caloriña no peito cando a recordas.

Facer unha sesión de fotos cunha fotógrafa profesional e a xente á que ti máis queres é unha experiencia en si mesma.

E, por moi nerviosa que vaias á sesión, non debes esquecerte de desfrutar dese momento máxico.

inmortalizar momentos costa da morte

Pero, que é a post-produción?

Pois a pesar de que a moita xente aínda lle custe encaixalo na inmediatez na que vivimos, as fotos necesitan pasar por un proceso de edición despois de telas sacado.

Un proceso que dura horas. Máis horas canto mellor se queira facer o acabado das mesmas.

E o máis típico é que o traballo de post-produción non se faga directamente despois da sesión, xa que é un evento que consume moita enerxía e necesita de tempo de descanso despois.

Isto significa que, como pronto, as fotos se editarán ao día seguinte.

Moitas veces as sesións fanse en sábado e hai que recordar que as fotógrafas poden ter máis clientas, polo que os tempos de entregan poden estenderse.

Que é o mellor para que isto non derive en problemas? Pois o primeiro é ser empática. Pero tamén sincera.

Cando falabamos de todo o que hai que decidir de xeito previo á sesión, cremos que estes tempos deberían ser acordados tamén.

Avisar que as fotos non estarán no mesmo día, pero dar un prazo para que a persoa saiba cando poderá recibilas como moi tarde.

Cantas máis conversas se teñan de xeito previo, menos malosentendidos haberá.

sesión de fotos Costa da Morte

Se queres contar cunha fotógrafa que ten esa premisa moi clara e que ten moitas ganas de inmortalizar aqueles momentos que ti queres para sempre, envíame un correo a info@oco.gal ou un WhatsApp ao 623 29 77 99.

Vémonos facendo unhas fotos bonitas no atardecer 💙


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *