Somos unha empresa formada por dúas persoas que levan anos creando contido na rede. Por isto, temos experiencia para poder crear vídeos de gran calidade adaptados ás necesidades de cada empresa. Cun storyboard único e apoiados nun equipo de gravación profesional.

Tamén ofrecemos vídeos aéreos con dron, pois contamos co certificado AESA de operador UAS (nº ESPmu5db4g6iktr4).

Consegue o vídeo que lle dea a imaxe definitiva que buscas á túa empresa con nós.

Se queres, podes botarlle un ollo ao noso portafolio de vídeo.