Cando comezamos un proxecto empresarial, é normal querer dedicar todo o noso tempo ao desenvolvemento do mesmo. Nese camiño, a xestión de redes sociais convértese nun traballo imprescindible pero para o que non contamos cos coñecementos ou o tempo suficientes.

Por iso, en OCO Xeración de Contido ofrecemos un servizo de xestión de redes sociais cunha tarifa fixa polo traballo mensual nas redes máis importantes para a túa empresa.

Xestión mensual de redes sociais

Tres posts á semana en redes sociais

150€ + IVE/ mes

Este é o noso prezo xeral para tres publicacións semanais e o mantemento das citadas redes. Non obstante, se tes necesidades diferentes, podemos prepararche un orzamento a medida.